Leo nos xornais e vexo nos informativos, as terribles imaxes da miña terra ardendo; hoxe, na edición escrita de
La Voz de Galicia, publícase a foto do comezo dun incendio con seis focos iguais e situados a distancias regulares; está claro que é intencionado... Hai uns cuantos mamóns aos que non lles importa acabar co medio ambiente, co noso patrimonio, co noso futuro e o dos nosos fillos... Gustaríame saber canto gañan os que prenden o monte e, sobre todo, quén lles paga. Estou en contra da violencia, pero para os responsables aplicaría a Lei do Talión: queimaríalles as súas casas e os seus bens, a ver se así toman conciencia do mal que nos fan a todos.
Como lectura de vacacións escollín os contos de Cortázar; quedei fascinada con este autor dende que lín, dúas veces, Rayuela. Disfruto lendo e esperando o seguinte parágrafo, a seguinte sorpresa...
María José, miña irmá,
desapareceu hai nove anos. Non marchou por propia vontade, o informe da investigación policial estima que foi víctima dun homicidio. O noxento do tema é que, a pesar dese informe, non existe un delicto enxuizable; non podemos incriminar a ninguén, malia saber quen é o responsable desta desaparición e de polo menos outra no 91; os xuíces néganse a unificar as dúas causas, néganse a chamar a declarar a "un cidadán que ten os seus dereitos"... E ¿que dereitos teñen as víctimas?. Xa que as forzas de seguridade e quen ten a competencia, non garantiron o seu dereito á vida, ¿non teñen nin sequera o dereito a un enterro digno? ¿Non teñen dereito a que os seus familiares saibamos onde están? ¿As familias non temos dereito a vivir sen a lousa da impotencia, da rabia, da desesperación que nos produce saber que mataron aos nosos e non sabemos onde están?. A presunción de inocencia non debería ser a mellor cobertura para o crime perfecto, aquel no que non aparece o corpo. Ramiro sábeo moi ben, sen corpo non hai delicto; ten amigos en diversos estamentos políticos, policiais e xudiciais que, sen querer ou querendo, lle axudaron a montar a coartada perfecta para os dous casos. ¿Qué vai pasar cando saibamos dun terceiro ou dun cuarto caso?. ¿É xusto que se protexa máis ao asasino que ás súas víctimas?
Agora que estou de vacacións teño o firme propósito de retomar este espazo e enchelo de pensamentos, porque recoñezo que teño a bitácora aparcada dende hai moito tempo. Moitas veces penso en escribir, pero non o fago porque o único que escribiría serían cousas tristes, sentimentos negativos... Logo penso que é unha boa terapia contar o que sentes e que debería escribir, pero de contado penso que me sentiría vulnerable se alguén coñece o meu interior... ¡¡¡Que complicados podemos ser...!!!
Hoxe fai vintecinco anos que me casei... o meu fillo David celebra que superaron as dez mil bitácoras... a declaración da renda sáeme a devolver... debería haber moitos días coma o de hoxe.
Hoxe medrei unha cuarta. Estou asistindo a un curso de dobraxe no que me divirto moito. O caso é que esta tarde a profe díxome: "mataría por ter a túa voz... tes un rexistro incrible... o teu é sobrenatural" e seguiu louvando as miñas presuntas aptitudes para a dobraxe. Pode que cando acabe o curso non consiga dobrar nin un mísero anuncio, pero hoxe sentín que podía poñerlle a voz a calquera das estrelas do firmamento cinematográfico. Vese que a miña profe é quen de subirlle o ego a calquera.
-Non sei que vou facer con fulanito... non está capacitado en absoluto para desenvolver o traballo que lle corresponde pola súa categoría - di o xefe do departamento.
-Pois dalle traballos máis sinxelos -responde o seu interlocutor
-Imposible, iso sería degradante para él, sería un insulto -dí o xefe.
-¿E logo que vas facer?
-Voulle dar unha patada cara arriba, recomendalo para un ascenso, así quítomo de enriba -contesta o xefe
Aínda que non o pareza, é unha situación real. Manda carallo coa administración...
A dor arrástrame cara a dentro de mín, tólleme, déixame sen palabras, sen folgos. Os meus pes néganse a camiñar, as miñas mans loitan por escribir, pero esqueceron cómo facelo; as músicas fuxiron da miña cabeza... Quero quedar baleira de sentimentos, quero botar fóra esta tristura.
Cando Bush gañou as eleccións pensei que os americanos estaban tolos, pero bueno, os ianquis sempre foron daquela maneira. Agora tamén gaña Blair por maioría e eu digo: cara a onde imos? Cómo é posible que os dous principais responsables de miles e miles de mortes de inocentes iraquís revaliden as súas respectivas maiorías?. Cómo é posible que os seus respectivos pobos os reelixan despois de saber que os manipularon e os enganaron con total impunidade?. Noxento.
Estamos en Vélez Málaga, pasando a Semana Santa cuns amigos. Teño que dicir que me sorprendeu enormemente...